Boas, familias.
O pasado martes houbo unha charla en Foanpas sobre as reválidas, impartida por membros do sindicato de ensino e de Foanpas. Explicáronnos en que consisten, a repercusión que teñen sobre o alumnado e o centro e os motivos polos que rexeitan as probas (podedes ver o vídeo premendo no enlace).
A decisión de facer ou non as reválidas corresponde a cada familia. Deixámosvos aquí toda a información que temos sobre as de 3º de primaria (este ano o Canicouva non foi seleccionado para realizar as probas de 6º). Esperamos que vos axude, igual que nos sirveu a nós, a ter unha opinión máis clara ao respecto.
A non asistencia non ten nin terá repercusión a nivel académico, así que podedes escoller se queredes que os vosos fillos fagan as probas ou non:
Sabiades que...
A decisión de facer ou non as reválidas corresponde a cada familia. Deixámosvos aquí toda a información que temos sobre as de 3º de primaria (este ano o Canicouva non foi seleccionado para realizar as probas de 6º). Esperamos que vos axude, igual que nos sirveu a nós, a ter unha opinión máis clara ao respecto.
A non asistencia non ten nin terá repercusión a nivel académico, así que podedes escoller se queredes que os vosos fillos fagan as probas ou non:
- Se estades dacordo, traédeos á escola coma calquera outro día: outras promocións xa fixeron as probas e aos nenos non lles supuxo maior problema (mesmo houbo algúns aos que lles resultaron máis fáciles as reválidas que os exames das titoras);
- Se, pola contra, non queredes que as fagan pero non tedes con quen deixalos, sabede que Foanpas organiza actividades educativas paralelas totalmente gratuitas nestes dous días (ver máis abaixo). Debedes xustificar a ausencia remitindo un escrito ao centro. Basta con indicar que non asistirán porque non estades dacordo coa realización das probas. Aquí podedes descargar o modelo de carta de Foanpas.
- Premendo aquí accederedes a unha presentación moi completa sobre as reválidas.
- Charla-coloquio "As reválidas. Avaliación ou segregación?" (vídeo)
- Carta explicativa sobre as reválidas de 3º.
- Actividades gratuitas (Zoo, Museo Liste) organizadas por Foanpas. Se vos interesan, contactade con nós. O prazo de inscrición remata o 24 de maio.
Sabiades que...
- As probas consisten en varios exames de 60 minutos durante dous días, con pausas entre proba e proba?
- As reválidas só se fan en 5 Comunidades Autónomas? (Galicia, Madrid, Castela e León, Murcia e A Rioxa). Nas demáis, ou foron adaptadas ou foron rexeitadas e non se levan a cabo.
- Nas reválidas só se examinan determinadas competencias? (competencia lingüística e matemática en 3º de primaria).
- A Lomce está suspendida pero non foi derrogada? As mobilizacións da comunidade educativa fixeron que se paralizase a finalidade real das reválidas, pero non se promulgou ningunha lei para anulala. Así, neste momento as reválidas non teñen valor académico decisorio pero a lei recolle a posibilidade de que se poidan "tomar medidas ordinarias e extraordinarias" en base aos resultados obtidos. É dicir, cun mal resultado, a lei lexitimaría os profesores a facer repetir curso ou non conceder o título da ESO, se así o considerasen oportuno.