PARTICIPACIÓN NUN ESTUDO EDUCACIÓN AUTISMO EN ESPAÑA

cuestionario educación TEA
Boas, familias. Compartimos con vós a seguinte información que nos chega a través de Foanpas. Trátase dunha enquisa para estudantes e familiares de alumnado TEAPor participar entrades no sorteo dunha tablet. A información facilitada será anónima e tratada de forma confidencial:

"Ola! Este email é para pedirche participación nun estudo que Autismo España está a realizar para coñecer máis sobre a situación da educación do alumnado con trastorno do espectro do autismo en España. Para solicitar información, elaboramos un cuestionario en liña destinado a:

 estudantes con TEA de todos os cursos e modalidades educativas de Primaria, ESO, FP Básica ou Educación Básica Obrigatoria, e

familiares (pai, nai ou titor/a legal de alumnado con TEA).

 Instrucións

 • O cuestionario consta de dous partes: unha para familiares e outra para o alumnado. Comeza coa parte dos familiares e finaliza coas preguntas para o alumnado.

 • O cuestionario para o alumnado deberá ser contestado polo/a estudante sempre que sexa posible. Se é necesario, pode recibir apoio dun familiar, profesional ou persoa de referencia para respondelo. Ou, en caso necesario, outra persoa poderá respondelo por el ou ela poñéndose no seu lugar. En calquera caso, débese sinalar no cuestionario cal destas persoas está a respondelo.

 • Por participar entrades no sorteo dunha Tablet. Para iso, é necesario que gardes o cupón de participación para o sorteo, que aparece xusto ao pulsar “Fin” na enquisa. Nese cupón aparecerá o número asignado e o código de verificación. É necesario imprimilo ou gardalo como resgardo, xa que se pedirá o código de verificación para comprobar que sodes a familia gañadora. Os resultados do sorteo publicaranse unha vez finalice o período de recollida na páxina de Autismo España e en redes sociais. • A túa participación é moi importante

 POR FAVOR, PULSA A SEGUINTE LIGAZÓN PARA COMEZAR O CUESTIONARIO: 

https://www.encuestafacil.com/RespWeb/Cuestionarios.aspx?EID=2708945

 Confiamos en que os resultados deste estudo nos permitan aumentar o coñecemento sobre a situación da educación do alumnado con TEA e nos axuden a identificar boas prácticas que se traduzan nunha mellora da calidade da educación. Moitísimas grazas pola participación.

 Atentamente, Federación Autismo Galicia e Equipo de Investigación de Autismo España"

Un saúdo,