QUEN SOMOS...

PROXECTO DA ANPA PARA O CURSO 2013/2014

DIRECTIVA ANPA:

PRESIDENTA: Mónica López Val
VICEPRESIDENTA: Aurora María Pérez Da Ponte
TESOREIRA: María del Pilar Barbosa Riveiro
SECRETARIA: María Concepción Monge González
VOGAIS:
José Manuel Domínguez García (Encargado de comedor)
Dolores Palomo De Tena (varios)


Pretendemos ampliar o número de vogais para o presente curso có fin de repartir mellor as tarefas que diariamente acometemos e obter mellores resultados.


OBXECTIVOS PARA O CURSO 2013/2014.

.É o noso 2º ano a fronte da ANPA e perseguimos de novo atraer ao maior número de socios. Para iso seguiremos coa nosa labor diaria basada na transparencia de todo o que facemos e no respeto.
.Buscamos de novo a maior implicación posible dos pais e nais e o alumnado en todo o que imos a facer, facendo que se impliquen con nós e colaboren activamente no que realicemos.
.Como o anterior curso é importante para a asociación seguir mantendo a excelente comunicación actual que temos cá Dirección do Centro e resto do profesorado. Seguiremos a prestar toda a colaboración que se nos pida.
.Os nosos recursos seguen a ser limitados pero temos moitos proxectos que desexamos levar a cabo e nos que de novo sera vital a colaboración das familias que agardamos respondan como o ano pasado, no que fixemos moitas cousas grazas o alto nivel participativo destas e que esperamos que se repita.
.De momento estamos tendo neste inicio do curso, unha gran resposta por parte das familias xa que nestes intres temos xa unha gran cantidade de socios e o número de usuarios dos nosos servizos diarios creceu considerablemente.
.Esta Xunta Directiva loitara por facer que formar parte da ANPA sexa algo que cada familia considere imprescindible.

HORARIO




(Na realidade as horas adicadas son moitas máis así como a gran cantidade de traballo que se leva para casa, aínda que os resultados fan que pague a pena).

COMEDOR




Tódolos días de 14:00 a 16:00 horas.
Se o curso pasado se incrementou o número de usuarios, este estamos cubrindo a practica totalidade das nosas prazas e esperamos no transcurso do ano escolar máis usuarios.
Mellorouse coa axuda do Centro as instalación e por parte da ANPA aportarase todo o material que sexa necesario para mellorar o servizo.
Faremos de novo reunións cós pais para que nos trasladen as súas suxerencias e queixas.
E seguen a disposición das familias “Follas de incidencias”.
Tamén se entrega a cada familia usuaria as normas xerais xunto ca ficha de inscrición.
Facemos un seguimento diario de todo o que acontece no comedor e dos menús para facer as reclamacións oportunas.
Temos unha nova coidadora que se solicitou nos primeiros días co apoio da Dirección para tres nenos con necesidades especiais.
Ampliaremos en breve a capacidade do comedor creando novas prazas cunha reorganización do espazo, pero mantendo a comodidade actual para os cativos e as monitoras.
As normas xerais que entregaranse  a cada familia usuaria.



  INFORMACIÓN  AULA MATINAL



 INFORMACIÓN  ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES



SEGURO

Seguimos có seguro do ano pasado de responsabilidade civil e accidentes con Allianz. E estamos nestes intres renovando os pagos para que de novo esten todos os usuarios de comedor, aula matinal e actividades  asegurados.


OUTRAS ACTIVIDADES

Este ano non hai Anpas en Rede polo que buscaremos outras actividades que poder ofrecer para todos de forma gratuita ou a moi baixo coste para que todos poidan participar.


CAMPAMENTOS

Dado o éxito acadado polo campamento de verán do mes de xullo, queremos repetir e ampliar.
Queremos ofertar campamento de Nadal, de Semana Santa e de Verán nos meses de xullo e agosto.
E seguiremos con IMAXINA xa que as familias que participaron no campamento de xullo quedaron moi contentas.