INFORMACIÓN - Aula matinal


aula madruga, aula matinalBoas, familias. 
  Nesta entrada atoparedes resposta ás preguntas máis habituais sobre a aula matinal do Ceip Canicouva: 
QUE É?
   O taller matinal, denominado PROGRAMA MADRUGA, é un servizo sen almorzo xestionado pola ANPA e prestado por Anias Formación e Xestión Sociocultural, unha empresa galega especializada en atención á infancia e xuventude, formación, tempo libre e dinamización sociocultural. 
A QUEN VAI DIRIXIDO?
     A todas as familias que comezan a súa xornada laboral antes da hora de inicio das clases no colexio.
HORARIO
     De 7:30 a 9:00 (horario de entrada flexible). Ao finalizar a sesión, as monitoras acompañan os nenos ás filas de entrada.

ACTIVIDADES
     O programa consiste en actividades lúdicas (manualidades, xogos, sesións de contacontos...) que manteñen o alumnado entretido ata o comezo das clases.


MODALIDADES DE UTILIZACIÓN DO PROGRAMA
  • Usuarios fixos (inscrición): todos os días de luns a venres ou varios días á semana.
  • Usuarios esporádicos: non é necesaria inscrición previa pero débese solicitar con antelación á empresa (mínimo o día anterior), en horario de 9 a 14:00h, nos seguintes números: 986 86 45 98 / 685 535 202 (Cristina).
     Para poder utilizar este servizo é preciso ser socio (15€ por familia e curso) e pagar o seguro de accidentes (10€ por alumno e curso) na conta xeral da ANPA.

PREZOS


A tarifa para as familias que precisan o servizo diariamente pero en semanas alternas será de 16€/mes.

INSCRICIÓNS
POR CORREO ELECTRÓNICO
     As familias interesadas no servizo regular para o curso escolar 2019/20 poden descargar o formulario de inscrición e a folla de domiciliación bancaria e remitir a documentación á ANPA por correo electrónico (ampapereiro@hotmail.com) a partir da publicación desta entrada (preferiblemente antes do 4 de setembro de 2019).
  
PRESENCIAIS
     Tamén se poderá recoller a documentación no mes de setembro na Oficina da ANPA, coma sempre. Rogámosvos que entreguedes as fichas na primeira semana do curso.

FORMA DE PAGO
     A empresa pasará o recibo nos primeiros 15 días de cada mes aos usuarios fixos; os esporádicos pagarán directamente ao monitor con acuse de recibo.
     Lembrade que hai que comunicar as baixas e as novas altas durante o curso antes do día 20 do mes anterior.

Un saúdo,
anpa canicouva, anpa cachamuíña