Ola, familias:
Retomamos de novo a actividade do Blog coa intención de mantelo actualizado de aquí en diante e que sirva como punto de información para todas as familias do Centro. Para iso contaremos coa colaboración dunha nai que nos axudará a ter todo a punto a partir de setembro.
Tamén queremos agradecer a dedicación das nosas compañeiras Mónica e Aurora, que nos deixan despois de seis anos traballando desinteresadamente por e para varias xeracións de alumnos do CEIP Canicouva. Dende aquí desexámosvos o mellor e sorte nos vosos próximos proxectos.
As voluntarias da ANPA seguiremos esforzándonos para mellorar a experiencia escolar dos nenos e agardamos seguir contando coa vosa colaboración, polo que agradecemos todas as vosas ideas ou suxestións: serán ben recibidas e tidas en conta. Coma sempre, podedes atoparnos na Oficina durante o curso ou contactar con nós por correo electrónico (ampapereiro@hotmail.com). Trataremos de responder o antes posible.

Para o vindeiro curso pretendemos axilizar os trámites das inscricións e optimizar tempo e recursos. Para conseguilo introduciremos pequenos cambios que esperamos faciliten a xestión tanto ás familias coma ás voluntarias. Así, poderedes remitir as fichas de inscrición por correo electrónico, cumprimentar unha única ficha de comedor para todos os membros da mesma familia (no canto de unha por cada usuario) ou preinscribirvos en eventos a través da aplicación TokApp, entre outros.
A finais de xuño enviámosvos unha circular con información sobre o procedemento de inscrición nos servizos de aula matinal e comedor e o proxecto de actividades extraescolares para o vindeiro curso. Se alguén non a recibiu, pode solicitala por correo electrónico.
Un saúdo e feliz verán a todos.