Boas, familias.
Segue aberto o prazo para inscribir os vosos fillos/as en aula matinal, comedor.
Lembrade que son servizos xestionados pola ANPA e para poder utilizalos é preciso:
1. Utilizar Tokapp School
2. Cubrir a ficha e pagar a cota de socio
3. Pagar o seguro de accidentes (excepto nalgúns casos, ver abaixo).
4. Enviar os xustificantes de pago e a ficha de socio a anpapereiro@gmail.com
- Tokapp School: é o medio oficial de comunicación da ANPA. No móbil/es que facilitedes na ficha de socio recibiredes toda a información sobre estes servizos; ademais, permitiravos facer consultas e xestionar pagos, altas e baixas de extraescolares, etc. Podes consultar o manual de usuario premendo aquí.
- NOTA: a partir deste curso non se responderán consultas por correo electrónico salvo para xestionar novas altas de socio ou similares.
- Ficha e cota de socio: 16€ por familia e curso, segundo o aprobado na derradeira Asemblea xeral. O pago pode facerse por ingreso ou transferencia á conta rematada en 3704. A ficha e os números de conta están abaixo.
- Seguro de accidentes: 11€ anuais por alumno/a, nesa mesma conta. O pago do seguro é obrigatorio para poder utilizar aula matinal e comedor.
Un saúdo,
Noelia Amoedo (Presidenta da ANPA)
ANPA CACHAMUIÑA - CEIP CANICOUVA