Boas, familias!
Dende a Xunta Directiva queremos agradecer a vosa asistencia e colaboración na festa de nadal do pasado 21 de decembro. Esperamos que os rapaces o pasaran ben e que puiderades tirar algunha foto no photocall que preparamos para eles.

Por outra banda, gustaríanos pedirvos aos asistentes que nos transmitades as vosas impresións sobre a xornada (cantidade/calidade das actividades para os nenos, sorteo...) para saber o que se podería manter ou, pola contra, o que deberiamos modificar nas vindeiras celebracións. Podedes enviar os vosos comentarios á nosa dirección de correo electrónico: ampapereiro@hotmail.com. Moitas grazas. Un saúdo,