Boas, familias. Como xa vos indicamos por Tokapp, estamos tratando de xestionar as viaxes de fin de curso da Anpa, entendidas como ocasións para que o alumnado poida compartir tempo coa familia e os compañeiros da escola antes de que comecen as vacacións de verán.
Este ano ofrecemos dous grupos para que ningunha familia teña que perder a experiencia por motivos laborais.
As saídas ao parque acuático de Amarante están previstas para os días 8 e 9 de xuño se alcanzamos o número mínimo de interesados. De momento só está confirmada a saída do sábado 8 de xuño.
O prazo de inscrición acaba o vindeiro xoves 16 de maio. Para consultar a circular informativa, premede aquí.
CÍES
Visitaremos as Illas Cíes os días 15 e 16 de xuño. Están confirmadas as dúas saídas pero as prazas están suxeitas a que haxa dispoñibilidade no momento de solicitar as autorizacións á Xunta.
Lembrámosvos que o prazo de inscrición finaliza o luns 13 de maio. Podedes consultar a circular informativa premendo neste enlace.
Un saúdo,