Viaxes a Cíes (15 e 16 de xuño)

Boas, familias. 

  Dende mañá, luns 10 de xuño, as familias inscritas nas excursións de fin de curso a Cíes poderedes recoller os billetes e as autorizacións, que deberedes presentar no embarque, tanto na ida como na volta
   Lembrade que hai que estar na dársena como mínimo 15 minutos antes das saídas (10:15am - 19:00h. circular informativa). 

  Deixámosvos tamén o enlace ás normas da Naviera Mar de Ons, que inclúe as recomendacións a ter en conta nas visitas ao parque nacional, e a guía do viaxeiro, na que atoparedes a normativa do parque e información útil sobre os servizos da illa (sección INFORMACIÓN PRÁCTICA").

  Un saúdo,


anpa canicouva, ampa canicouva