VISITA a URBAN PLANET

Boas, familias.
urban planet, anpa canicouva  Como vos comunicamos por Tokapp, recibimos unha invitación para coñecer as instalacións de URBAN PLANET no C.C. Gran Vía.  Durante 2h, nenos e adultos descubriremos o mundo do Parkour e Triking da man dos seus monitores.
  Sabiades que o exercicio en camas elásticas desenvolve a psicomotricidade e mellora o equilibrio e as habilidades motoras? Ademais, 10 minutos de salto equivalen a 30 minutos correndo... Animádesvos?

ACTUALIZADO 28/6/19: TODAS as familias que se anotaron ata as 14:00 de hoxe, venres 28, teñen praza. Enviámosvos un tokapp para confirmárvolo.
  • DATA e HORA: sábado 29 de xuño ás 11:00h
  • DURACIÓN: 2h
  • PREZO: 2€/persoa. O noso grupo non paga entrada pero hai que mercar no local os calcetíns para acceder ao recinto.
  • IDADE: 3 anos (mínimo) en adiante.
Os máis pequeniños deben entrar acompañados por un adulto. Poden entrar sós dende os 5 anos (ou 4 se teñen bo equilibrio e se defenden ben sen vós). Os adultos que non queiran entrar poden ver os nenos dende as fiestras do corredor que rodea o local (hai bancos e máquinas expendedoras) ou agardar nas cafeterías próximas.
  • INSCRICIÓNS: exclusivamente por tokapp ata o venres ás 14:00h ou ata esgotar as prazas.
Indicade URBAN + NÚMERO DE NENOS/ADULTOS que entran no recinto. Podedes traer familiares e/ou amigos de fóra do cole.
  • PAGO: na entrada do local poderedes comprar os calcetíns. É obrigatorio mercalos para poder acceder.
  •  IMPORTANTE: anotádevos só se estades seguros de poder asistir. Temos que poder garantir a asistencia dos inscritos para poder confirmar a visita. 
  • Nestes momentos xa hai suficientes anotados para facer grupo; o máximo son 90 persoas. Avisaremos por tokapp se se esgotan as prazas e alguén queda en lista de agarda, de ser o caso. 

Un saúdo,
ampa canicouva