Boas, familias!
O fío condutor da 4ª semana do campamento (15-19 de xullo) será o mar. Os obradoiros terán relación coa praia, o océano e a natureza e, coma sempre, todas as actividades estarán adaptadas ás idades dos participantes. Estamos seguros de que o pasarán estupendamente!
IMPORTANTE: aparte da auga e merenda de media mañá, deben traer unha gorra e unha segunda mochila con toalla, bañador, chanclas, crema solar... para as actividades con auga, que quedará no colexio e mandaránvola a casa para lavar cando sexa preciso.
FIAMBREIRA: non esquezades enviar a comida en recipientes aptos para microondas e identificalos cunha etiqueta (ou o nome na tapa) para evitar confusións.
Un saúdo,