Boas, familias.
Un ano máis o Ceip Canicouva percorreu o barrio nun colorido desfile de entroido ambientado no tema do centro para este curso: a saúde vexetal. Acompañado do profesorado, nais de alumnos e membros da directiva da ANPA, o alumnado desfilou por Castrelos, Portanet e Balaídos nunha gran comparsa multicolor.
Tras a colonia de abelliñas de educación infantil, xoaniñas, granxeiros, froitas e verduras, algún que outro espantallo, bombeiros, un grupo de africanos en homenaxe á premio Nobel Wangari Maathai e mesmo un enxame de temibles mosquitos tigre seguidos de preto por un xigantesco bote de insecticida.
Coma nos últimos anos, a charanga Vaite Xa, a cargo da Asociación de Nais e Pais do cole, amenizou o desfile e a festa na escola.
Dende aquí queremos destacar a axuda das familias que colaboraron dalgún xeito na organización da xornada, tanto no desfile (decoración do percorrido, vixilancia nos cruces, participación na comparsa) como na montaxe e recollida das mesas no centro, e agradecer tamén á dirección e ao profesorado que sigan permitíndonos compartir cos nenos e nenas do colexio este día tan especial para eles.
Un saúdo,