APOIO FOLGA PROFESORADO 10 E 16 SETEMBRO

Boas, familias.
  Dende FOANPAS e ANPAS GALEGAS apoiamos a folga de profesorado prevista para o 10 de setembro (infantil e primaria) e o 16 de setembro (ESO, Bacharelato e FP), polo que vos pedimos que non enviedes aos vosos fillos e fillas a clase eses días.
Cando non sexa posible por problemas de conciliación ou condicións familiares, ANPAS GALEGAS propón que as familias, alumnado e o profesorado levemos un brazalete ou lazo negro para manifestar o noso apoio o día da folga, e convídannos ademais a levalos diariamente durante as dúas próximas semanas.



Máis info en ANPASGALEGAS.GAL
Un saúdo,