Boas, familias. Nesta entrada atoparedes resposta ás preguntas máis frecuentes:
COMEDOR ESCOLAR
O comedor escolar é un servizo que depende do Concello e presta a empresa de catering que gaña o concurso correspondente (actualizado: Calidus, no curso 2022/23). Está xestionado pola ANPA baixo a tutela da Federación Olívica de Anpas (FOANPAS), asociación á que pertencemos e que establece os prezos para cada curso.
O importe que pagan as familias supón soamente unha parte do prezo real do menú: as tarifas dos usuarios fixos están subvencionadas e inclúen as axudas que o Concello e a Xunta conceden á Federación. Foanpas tamén subvenciona o gasto dos menús dos bolseiros de Benestar Social que exceden da bolsa (as axudas do Concello son de 41€ como máximo: o resto vai a cargo de Foanpas).COMEDOR ESCOLAR
O comedor escolar é un servizo que depende do Concello e presta a empresa de catering que gaña o concurso correspondente (actualizado: Calidus, no curso 2022/23). Está xestionado pola ANPA baixo a tutela da Federación Olívica de Anpas (FOANPAS), asociación á que pertencemos e que establece os prezos para cada curso.
Preme para consultar as tarifas para o curso 2022/23
QUEN PODE ASISTIR A COMEDOR?
O alumnado matriculado no centro que solicitara a praza en tempo e forma, sexa socio da ANPA, non teña débedas e cumpra as normas de conduta.
TODOS OS MESES TEÑEN O MESMO PREZO?
Si. Para calcular as tarifas faise unha media dos días lectivos totais do curso escolar, así que o prezo é igual todos os meses, incluidos aqueles nos que hai vacacións (Nadal, Entroido, Semana Santa) ou son máis curtos (xuño, setembro).
Si. O seguro de accidentes ofrece cobertura en caso de lesión ou accidente producido durante o tempo de comedor e é obrigatorio para todos os usuarios, incluídos os bolseiros. O importe para o curso 2022/23 será de 11€ por alumno/a.
SOLICITEI A BOLSA DO CONCELLO. TEÑO QUE PAGAR ALGO?
Si. O seguro de accidentes (11€ anuais por usuario/a), indispensable para acceder ao servizo. A cota de socio son 16€/familia no curso 2022/23). Se non te asocias, podes utilizar o servizo de comedor pero deberás abonar os gastos de xestión.

CANDO SE FAI A INSCRICIÓN?
O prazo xa está aberto. Teñen garantida a praza todo o alumnado que a solicitou a finais do curso pasado. Se non o fixeches, contacta coa anpa (anpapereiro@gmail.com).
O prazo xa está aberto. Teñen garantida a praza todo o alumnado que a solicitou a finais do curso pasado. Se non o fixeches, contacta coa anpa (anpapereiro@gmail.com).
COMO SE FAI A INSCRICIÓN?
Só tedes que cubrir a documentación que podedes atopar na entrada de COMEDOR 2022-23.
TEÑO QUE PRESENTAR ALGÚN DOCUMENTO?
Sí. Por favor, enviádenos o xustificante de pago do seguro por WhatsApp ou por email a comedorcanicouva@gmail.com. Tamén teredes que achegarnos copia da sentencia ou acordo de custodia en caso de separacións, divorcios, etc., xa que, de non presentalos, por lei tanto a nai como o pai poderán recoller os menores.
TEÑO QUEIXAS DO COMEDOR. A QUEN PODO DIRIXIRME?
No caso de ter algún problema ou queixa sobre o servizo de comedor, agradeceríamosvos que nolos transmitades tan pronto como se produza para buscar unha solución o antes posible. Podedes contactar con nós por teléfono (09:05-10:00h) ou enviar un correo electrónico a anpapereiro@gmail.com con copia a FOANPAS (comedores@foanpas.com).
Un saúdo,No caso de ter algún problema ou queixa sobre o servizo de comedor, agradeceríamosvos que nolos transmitades tan pronto como se produza para buscar unha solución o antes posible. Podedes contactar con nós por teléfono (09:05-10:00h) ou enviar un correo electrónico a anpapereiro@gmail.com con copia a FOANPAS (comedores@foanpas.com).