Boas, familias. Dende FOANPAS trasládannos a angustia das traballadoras e familias usuarias da Escola Infantil Municipal de Santa Marta, no Casco Vello, ante a ameaza de peche que suporá a perda de postos de traballo e dun servizo público esencial para a zona.
Xa que logo, FOANPAS, as ANPAS da EIM Santa Marta e do CEIP Picacho e os colectivos do barrio solicitan que non se cancele a prestación do servizo mentres non se habilite un novo espazo para reubicar a escola e convocan unha manifestación mañá, venres 26 de febreiro, ás 19:00 horas, con saída dende a escola Santa Marta (respectando as medidas de prevención da COVID).
Compartimos tamén o escrito de apoio ás traballadoras, que inclúe unha folla de recollida de sinaturas (pincha aquí) ao final que podedes imprimir, asinar e achegar a FOANPAS ou á propia Escola (debido ao protocolo COVID19 non poderemos organizala dende a oficina da ANPA).