Boas, familias. Deixámosvos o menú xeral do mes de maio.
Lembrade que existen menús especiais para casos de alerxias ou intolerancias que podedes solicitar achegando o correspondente informe médico.
Agora que se achega o bo tempo e comezan as excursións do cole, non esquezades avisarnos con antelación se tedes algunha saída programada que impida a asistencia ao comedor, xa que no mesmo día non podemos baixar os menús dunha clase completa. Graciñas!