Imaxen |
Dende a ANPA queremos desexarvos o mellor para estas Festas e para o ano 2015.
Xa levamos tres anos xuntos e mentres continuemos a fronte da ANPA, seguiremos a traballar con ilusión polos nosos nenos e nenas e polo noso Colexio.
Esperamos seguir medrando e que non deixedes de participar e involucrarvos cada día máis na Asociación ,que é de todos, en beneficio dos nosos fillos e fillas, sen vós a nosa labor diaria non sería posible.
Unha aperta e Bo Nadal,
Xunta Directiva "