Ola a todos,
Imaxen |
O vindeiro día 22 de febreiro, domingo, imos a neve. A pasar o día a Manzaneda.
Temos
110 prazas de momento (2 autobuses pero podemos ampliar).
Podedes
levar para xogar na neve algo para deslizarse. Podén ir socios e non
socios, amigos e familiares. Acordádevos de levar protector solar
por se fai sol e roupa de recambio.
A
excursión e para ir e volver no autobús pero alí cada un podera
facer o que queira e contratar as actividades que lle apetezan.
Non
tramitamos este ano a comida porque o estar o Entroido polo medio non
temos tempo para organizalo e ademáis non nos fan desconto ós nenos
e nenas e tamén o desconto ós adultos e simbólico.
Non
hai un sitio cuberto para comer, os que levedes a comida tedes que
comela ó aire libre. Tamén hai cafeterías nas que pode haber para
comer comida rápida e tedes o restaurante con menú do día a 12
adultos e 8,50 nenos/as menores de 7 anos.
Prezo
autobus:
Socios:
5 euros (unidade familiar,
incluidos irmáns non matriculados no Centro)
Non
socios: 9 euros.
O prazo
para apuntarse toda esta semana ata o xoves. Venres 13 soamente de
16:00 a 17:30 horas. E despois do Entroido tedes o xoves 19 pola mañá
e venres 20 ata ás 10 horas.
Hora
de saída: ás 8:00 horas dende o Colexio. Hai que ser puntuais
porque sairemos a
hora marcada que é un viaxe largo ademáis saimos media hora antes
porque o ano pasado dada a afluencia de xente que había non puideron
aceder os autobuses a zona destinada para eles.
Hora de
regreso: hai que estar nos autobuses ás 17:00 horas.
Un saúdo,