COMEDOR, AULA MATINAL E ACTIVIDADES ESCOLARES CURSO 2015/2016


Queridos pais:

COMEDOR:


Datas: 7, 8 e 9 de setembro.
Horario: 10 a 13 horas.
Inscrición na Oficina da ANPA.


AULA MATINAL:
Achegamos tamén con esta circular, información da aula matinal. Pódedes inscribiros na nosa Oficina nas mesmas datas e horario que para comedor.

CUOTA SOCIO DA ANPA CURSO 2015/2016:

A cuota para o curso que vén seguirá a ser de 15€/unidade familiar. Non é obrigatorio ser socio da ANPA para acceder ao comedor, aínda que como explicamos nas normas, habera que pagar gastos de xestión mensuais. Para aula matinal e actividades extraescolares sí.
Pero o importante non é ser socio unicamente para acceder a estes servizos xa que a ANPA o ano realiza moitas outras actividades e financia moitas cousas do Centro da que se benefician todos os cativos sen o apoio de todas as familias non sería posible, por eso pedimos o voso apoio e a vosa colaboración como sempre, para o curso que vén.
Pódedes faceros socios a partir do día 7 de setembro na ANPA.


VACACIÓNS:

A nosa Oficina pechara ás súas portas o día 19 de xuño ás 17:30 horas e ata o día 7 de setembro ás 10 non estaremos, coa excepción da reunión ordinaria da Asamblea de socios do día 24 de xuño.



ACTIVIDADES ESCOLA MUNICIPAL DE DANZA:

Este curso tivemos Percusión tradicional (os luns, de 4 a 5) e Danza tradicional(os martes de 4 a 5:30), subvencionado polo Concello e impartidos no noso Centro por profesores da Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo.
Para o curso que vén tamén teremos estas actividades.
Os que estedes interesados tedes toda a información e idades e horario das dúas actividades na páxina www.emmavigo.org, ahí tedes que entrar na Escola Municipal de Danza (EMD).
O prazo para inscribirse: online 16 de xuño ao 10 de setembro ou presencial nas oficinas das Escolas no Concello 16 xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 10 de setembro.
O prezo para este curso foi de 15 euros todo o curso de percusión (outubro-xuño) e de 25 euros todo  o de música e movemento(danza, tamén outubro-xuño). Non temos confirmados os prezos para o curso 2015/2016 pero serán similares.
Se tedes algunha dúbida preguntade na ANPA.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2015/2016:


Esperamos poder mandar antes de rematar o curso o cadro de actividades para o curso que vén, ademáis das dúas anteriores, pero temos cousas por confirmar. En todo caso, como o prazo para inscribirse non será ata setembro, o comezar o curso xa o teremos feito.

SUBVENCIÓNS E LIBROS 3º E 5º DE PRIMARIA CURSO 2015/2016

Dende a ANPA apoiamos a todas as familias que pasades para o próximo curso a 3º e 5º de primaria e as que en principio, se vos denegan as subvencións, faremos todo o que sexa preciso para apoiar a estes nenos e nenas, tanto estos últimos días, como o longo do verán facendo un seguimento do que vaia acontecendo e no comezo do curso dando os pasos que sexan necesarios.


Un saúdo, disfrutade moita das vacacións, renovade enerxías e vide coas pilas cargadas e esperamos que nos aportedes moitas ideas e por suposto, a vosa colaboración para o curso que ven, queremos avanzar, facer cousas novas e que todos vos implicades na ANPA que é de todos, bó verán.


Un saudo,