EXCURSIÓN PARQUE ACUÁTICO AMARANTE



Por terceiro ano consecutivo, novamente imos de excursión o Parque acuático de Amarante, en Portugal.

Iremos o día 21 de xuño, domingo. Sairemos ás 9 da mañá e regresaremos ás 19:horas (hora española) hai que estar como mínimo 15 minutos antes para saír en punto, tanto na ida como na volta.

Prezos: 
 (socios son os nenos matriculados no Centro socios da ANPA, os seus pais ou tutor legal e os seus irmáns)

Bus: 8 euros socios/ 9 euros non socios

Entradas ao parque:
Menores de 5 anos non pagan entrada.
De 5 a 11 anos: 4 euros socios/ 7 euros non socios.
A partir de 12 anos: 9 euros socios/13 euros non socios.
Temos 110 prazas de autobús, para o parque tamén se poden coller entradas e ir pola vosa conta, aínda que hai que entrar có grupo.
Recordade que hai restaurante para os que non queirades levar a comida.



Levade documentación que teñades vosa e dos nenos sobretodo os nenos de 4 e de 11 anos porque se teñen dúbidas poden pedirvos que demostrades a idade, e tamén porque aínda que é cerca e unha visita a outro país.
Prazo: para apuntarse na Oficina da ANPA do martes 2 de xuño ao venres 12 de xuño.
Visitade a páxina oficial do parque, ahí tedes información sobre o que non se pode levar, as instalacións, etc...

Un saudiño,