ACTUALIZADO A 11/09/18 (prezos)
QUE É?
O taller matinal do CEIP Canicouva, denominado PROGRAMA MADRUGA, é un servizo sen almorzo xestionado pola ANPA e prestado por Anias Formación e Xestión Sociocultural, empresa galega especializada en atención á infancia e xuventude, formación, tempo libre e dinamización sociocultural.
INSCRICIÓNS
POR CORREO ELECTRÓNICO
O pagamento farase mediante domiciliación bancaria nos primeiros 15 días de cada mes (agás os esporádicos, que pagarán directamente ao monitor con acuse de recibo).
A QUEN VAI DIRIXIDO?
A todos aqueles pais e nais que comezan a súa xornada laboral antes da hora de inicio das clases no colexio.
HORARIO
De 7:30 a 9:00 (horario de entrada flexible). Ao finalizar a sesión, as monitoras acompañan os nenos ás filas de entrada.
ACTIVIDADES
O Programa componse de actividades lúdicas de entretemento infantil (manualidades, xogos, sesións de contacontos...) que permiten aos nenos espreguizarse e comezar as clases dun xeito activo.
MODALIDADES DE UTILIZACIÓN DO PROGRAMA
- Uso regular do servizo mediante inscrición: todos os días de luns a venres ou varios días á semana.
- Uso esporádico do servizo: non é necesaria inscrición previa pero débese solicitar con antelación á ANPA (na oficina ou por teléfono 671 25 18 96) ou ben directamente á empresa (986 86 45 98 / 685 535 202).
PREZOS
NOVO: para os pais que precisan deste servizo diariamente pero en semanas alternas, a tarifa será de 16€/mes.
INSCRICIÓNS
POR CORREO ELECTRÓNICO
As familias interesadas no servizo regular para o curso escolar 2018/19 poden descargar o formulario de inscrición premendo no enlace ao final desta entrada ou solicitalo por correo electrónico (ampapereiro@hotmail.com) e remitir a documentación cumprimentada pola mesma vía.
A empresa solicitou coñecer o número de usuarios do servizo o antes posible, de modo que agradeceriamos que as inscricións se fixesen principalmente por este método.
PRESENCIAIS
Tamén se poderá recoller a documentación no mes de setembro na Oficina da ANPA, coma sempre. Neste caso, os prazos serán os seguintes:

- Do 5 ao 7 de setembro para os que precisan o servizo a primeira semana do curso.
- Do 10 ata o 14 de setembro para os precisen comezar entre o 17 e final de mes.
- Ata o mércores 19 de setembro como máximo para os usuarios que comecen en outubro.
O pagamento farase mediante domiciliación bancaria nos primeiros 15 días de cada mes (agás os esporádicos, que pagarán directamente ao monitor con acuse de recibo).
Descarga o formulario de inscrición no Programa Madruga -só curso 2018/19