NOVAS CONTAS


 - ACTUALIZADO A 31 DE AGOSTO-
Boas!
     Están abertas as novas contas da ANPA e de comedor na sucursal de ABANCA en Pereiró. Como sabedes, cambiamos de oficina para deixar de pagar comisións bancarias e conseguir mellores condicións.
     Durante un tempo convivirán coas antigas, mentres agardamos a que entre a axuda pendente de Foanpas e se cambian os recibos domiciliados, pero pechararanse tan pronto como estes trámites estén finalizados. Por iso, rogamos que fagades todos os pagos a partir de xullo nas contas novas. 
     Podedes descargar o pdf cos números de conta aquí ou no enlace ao final esta entrada.

PREGUNTAS FRECUENTES

QUE TEÑO QUE PAGAR EN CADA CONTA?
  • Na conta de comedor:
    • As mensualidades do comedor.
  • Na conta da ANPA, todo o demais:
    • Cota de socio (15€ por familia e curso)
    • Seguro de accidentes (9€ por alumno e curso)
    • Actividades extraescolares (ver entrada Extraescolares)
    • Campamentos
    • Excursións
    • ...
CANDO PODO PAGAR?
     A partir de xullo, cando che veña mellor, sempre que non superes os prazos límite.


QUE DATOS DEBO INDICAR?
     O concepto do pagamento e o nome completo do alumno deben figurar sempre.
Nos pagos de comedor facilitaría a revisión que se indicase tamén a tarifa escollida e o número de usuarios. Por exemplo, para un pago de febreiro de 2 irmáns que asisten a comedor 4 días: comedor feb 4d x2 Jose y Marina Gómez Lindo.
    
COMO PODO FACER OS PAGOS?
     Mediante traspaso, transferencia dende outras entidades ou ingreso en conta.
O caixeiro de Abanca (sucursal Pereiró), está aberto 24h, permite pagar con tarxeta de Abanca ou ingresar en efectivo sen comisión (é gratuito), da cambio e deixa sacar duplicados dos xustificantes.

COMO SE FAN OS PAGOS DENDE O CAIXEIRO?
    Accede dende a pantalla ao menú operacións sen tarxeta ou libreta. Selecciona o idioma e escolle ingreso. Indica a cantidade, cubre o campo concepto cos datos necesarios sen esquecer o nome do socio e introduce o pagamento en billetes (devolve cambio en billetes e/ou moedas).

PODO AGRUPAR PAGOS?
     Sí, sempre que vaian á mesma conta e os conceptos estean ben indicados (cota de socio + seguro, por exemplo).

NON TEÑO CONTA EN ABANCA. TEÑO QUE PAGAR COMISIÓNS?
     Se utilizas o caixeiro para facer os pagos, non. Se pagas por transferencia, dependerá das condicións que teñas contratadas co teu banco.

PÓDESE FACER ALGÚN PAGO EN METÁLICO?
     Sí: os días esporádicos de comedor pagaranse na ANPA; os días esporádicos de aula matinal, directamente á monitora.

CALES SON OS PRAZOS DE PAGO?
     Cota de socio e seguro:
             - Dende xullo ata a data establecida como límite no prazos de inscrición de cada servizo. Todos os usuarios que queiran utilizar aula matinal, extraescolares ou comedor, aínda que sexa de forma esporádica, deberán pagar o seguro escolar para poder acceder a estes servizos.
     Comedor:    
              - o primeiro mes, dentro do prazo de inscrición (a partir de xullo para inscricións por internet).
              -  mensualidades: nos 10 primeiros días de cada mes.
     Aula matinal:
              - a empresa pasa o recibo dentro dos primeiros 15 días de cada mes.
     Actividades extraescolares:
              - depende da empresa. Confirmaremos os prazos na entrada Actividades.


     Lembrade levar os novos números cando fagades os ingresos ou modificalos se facedes traspasos ou transferencias. 
     A partir de agora xa podedes adiantar trámites durante o verán e evitar que se vos acumulen todos os gastos en setembro. 
     Agardamos que vos resulte útil esta iniciativa. Un saúdo,