AVISO SOBRE PISCINA

ENTRADA ACTUALIZADA A 9/9/18



  Estamos intentando conseguir que nos adxudiquen máis prazas de natación nos pavillóns de Travesas e Valadares. 
  Rogamos a todos os interesados en renovar ou conseguir prazas que nos envíen unha mensaxe por WhatsApp ao teléfono da ANPA (671251896antes do 14 de setembro, para que poidamos elaborar unha lista provisional sobre a que poidamos negociar. 
  
  Precisamos que poñades na mensaxe os seguintes datos:
  - Nome do alumno/a,
  - Se tivo praza no 2º cuadrimestre do curso 2017/18 (poñer praza sí/praza non ou similar),
  - Piscina escollida (Travesas ou Valadares. Podemos preguntar tamén na de Teis, se alguén estivese interesado).
  - Grupo de preferencia* (día e hora). 

  Por favor, indicade só estes datos, xa que non responderemos consultas por WhatsApp. 

  *Novos grupos: aparte dos grupos indicados na circular de xuño, podedes solicitar praza tamén os:
              - luns na Piscina de Travesas, en horario de 16:45 a 17:30h.
           - mércores na Piscina de Valadares, en horario de 16:00 a 16:45h.

Esta lista será meramente informativa e non substitúe o procedemento de inscrición habitual (previsto para o 21 de setembro) nin garante que vos concedan a praza no grupo solicitado a menos que indiquemos o contrario.

   A 09/09/18, temos prazas nos seguintes grupos. 
No cadro indícanse as prazas totais das que poderiamos dispoñer en caso de necesitalas e o número de interesados ata o de agora en cada grupo, para que vos fagades unha idea da demanda e das posibilidades de obter praza no grupo que vos interesa.
   Actualizaremos a información nos vindeiros días.




Un saúdo,