Balonmán

  Este curso haberá Balonmán mesmo se non chegamos aos 15 participantes, número mínimo establecido polo programa de Escolas Deportivas do Concello (nese caso, sería o clube o que impartiría a actividade).
  Rogamos aos interesados que vos anotedes o antes posible na ANPA para ver se temos grupo. Unha vez confirmado, teredes que facer o pago na conta que indicamos a continuación, cubrir una ficha de inscrición por neno (dispoñible na ANPA ou nas oficinas do IMC no pavillón de Travesas) e entregar na ANPA a ficha xunto co xustificante.

Inscrición

  - Avisar á ANPA ou cubrir o apartado "actividades extraescolares" da ficha de socio,
  - Cubrir a ficha de inscrición,
  - Cando a ANPA confirme que hai grupo, facer un único pago de 43,15€ (prezo total por curso),  na seguinte conta:
                        ABANCA IBAN ES97 2080 5065 2431 1002 2903
                         BENEFICIARIO:  Escolas Deportivas
                         CONCEPTO:  BALONMANO CANICOUVA + nome alumno.

(Non agrupedes os pagos dos irmáns; teñen que facerse dúas inscricións cos seus pagos correspondentes)

  - Entregar na ANPA a ficha de socio xunto co xustificante de pago antes do xoves 27 de setembro.
Un saúdo.