Esta mañá enviamos a derradeira circular en papel. A partir de agora, comunicarémonos cos socios a través da plataforma de Tokapp. Seguiremos publicando todas as novas e actividades da ANPA neste blog, nas redes sociaise no taboleiro de anuncios da entrada.
A continuación achegamos o cadro de extraescolares para este curso. As aulas que están pendentes de confirmación indicarémolas ao longo desta semana, tan pronto como nolo confirme o centro.
ANPA CACHAMUÍÑA
A continuación achegamos o cadro de extraescolares para este curso. As aulas que están pendentes de confirmación indicarémolas ao longo desta semana, tan pronto como nolo confirme o centro.
EXTRAESCOLARES CURSO 2018/2019
Bright
minds: a
empresa permítenos facer grupo con menos alumnos. O venres
5
ás
16:00
haberá
unha xornada
gratuita de portas abertas
para
que os rapaces poidan probar a actividade sen
compromiso. É necesario anotarse
na
ANPA (oficina, whatsapp...). A
aula confirmarémola a semana que vén.
Actividades
pendentes de grupo
Robótica:
seguindo
as vosas suxestións, consultamos a posibilidade de adiantar
a clase ás
16:00h. Rogamos
aos
interesados neste
horario que
contacten
con nós polos
medios habituais.
O
luns
1 de outubro
ás 16:05 h
na
aula de informática
haberá
unha xornada
gratuita de portas abertas
previa
inscrición na ANPA.
De
haber
suficientes
alumnos
para
facer grupo, o curso
comezaría a mediados de outubro e pagaríase a metade do prezo ese
mes
(12,50€).
Acrobática:
igual que con robótica, en canto haxa
7 ou 8 inscritos podemos negociar;
a
actividade podería
comezar
en outubro ou novembro.
INICIO
CLASES: todas as actividades comezan a
primeira semana de outubro
(excepto
fútbol sala,
que empezará o xoves 11 de
outubro.
Avisaremos por
TokApp aos inscritos
cando recibamos as
fichas de inscrición para
que formalicedes a matrícula.
Rogamos
a todas as
familias que veñades uns minutos antes a recoller os nenos o
primeiro día da actividade para coñecer
os monitores, que vos farán unha breve presentación e responderán ás vosas dúbidas.
GARDAS:
todas
as gardas diarias están cubertas, tal como está legalmente
establecido.
FORMA
DE PAGO:
-
Teatro, baile moderno infantil e primaria, inglés Cambridge, Bright
Minds e Hipopresivos
adultos (máis Robótica
e Acrobática se
finalmente sae grupo), deben abonarse á ANPA (na
conta que remata en 3704)
dentro dos 11 primeiros días de cada mes.
Podedes
pagar no caixeiro ou programar transferencias, e agrupar os pagos
sempre que indiquedes a actividade
(polo
menos as primeiras letras) e
o nome
do alumno.
-
Intelixencia emocional: ingreso en conta ou pago
por transferencia. O primeiro día de clase facilitaranvos o número
de conta.
-
Ximnasia Rítmica (Maniotas), Haidong Gumdo (Muga
Dojang) e Pintura e Inglés Lúdico (Imaxina)
domicilian os pagos e pasan os recibos os primeiros días de cada
mes. Tedes que cubrir a ficha de inscrición cos datos bancarios e
entregala na Anpa, se aínda non o fixestes. Para Haidong Gumdo, o monitor facilitará as fichas o primeiro martes de outubro.
-Cociña:
pago en efectivo á monitora.
XORNADAS
DE PORTAS ABERTAS - previa inscrición na ANPA
1
de outubro, 16:00
h: Robótica
(aula
informática)
2
de outubro, 16:00h:
Haidong Gumdo (ximnasio),
Inglés Lúdico
(psico).
5
de outubro, 16:05 h: Bright Minds (pendente de confirmar aula)
Data
pendente de confirmación:
Ximnasia Rítmica (ximnasio)
TOKAPP
Rogamos que instaledes a aplicación nos móviles; non enviaremos mensaxes por
email porque os servidores considéranas spam. Se non recibides as
comunicacións, entrade nos axustes do teléfono > aplicacións>
tokapp e probade a activalas, dar permisos a TokApp e reiniciar o
teléfono despois de cada cambio. Tamén podedes seguir as
instruccións dentro da aplicación premendo en “problemas coas
notificacións” e consultar o servicio técnico se non funciona
ningunha das solucións indicadas.
Faremos
melloras nos próximos días para que non recibades as notificacións
repetidas se tedes varios fillos.
ESPECTACULO
MUSICAL DISNEFANTASY
Onte
adiantámosvos a información sobre o espectáculo musical
Disnefantasy mediante Tokapp a modo de proba, xa que temos pouco tempo para xestionar esta actividade. Só nos manteñen a
oferta se chegamos a 50 persoas; en caso contrario, suspendemos a
actividade porque o prezo sería o mesmo que en taquilla.
DÍA
e LUGAR: domingo 7 de outubro, cine Salesianos (Vigo).
DURACIÓN:
90 minutos.
PREZO: SOCIOS 7€/persoa
NON SOCIOS: 9€/persoa
(menores de 2 anos non pagan entrada nin poden ocupar asento).
PRAZO
PARA ANOTARSE: ata o
día 2 de outubro ás
10:00am, preferiblemente
por TokApp (ou na
oficina se aída non vos funciona a aplicación).
O día 2
confirmaremos tamén por Tokapp se temos grupo e
abriremos o prazo para pagos en caso de que saia a actividade.
Un
saúdo,