INFORMACIÓN INSCRICIÓNS PISCINA

Como sabedes, este ano temos prazas nos pavillóns do Carme (Travesas) e de Valadares polo IMD, nos seguintes grupos:

Travesas:
            16:00-16:45: martes, mércores, xoves e venres.
            16:45-17:30h: luns (novo grupo), martes e mércores.

Valadares:
           16:00-16:45: mércores (novo grupo) e venres.
           16:45-17:30h: luns e xoves.

   A actividade é para nenos entre 3 e 12 anos, dura 45 minutos e ten un prezo de 30,20€ por cada cadrimestre. Hai que levar aos nenos aos pavillóns e cambialos de roupa no vestiario que corresponda a cada grupo.
   Os novos alumnos teñen que cubrir unha ficha de inscrición, que podedes recoller no local da Anpa ou descargar do blog, e que debedes entregar na ANPA o día 21 de setembro. (Podedes consultar e descargar as normas de piscina e a ficha de inscrición aquí).
   O IMD non devolve o importe aos que abandonen a actividade antes de rematar o cadrimestre.
   As prazas son limitadas. Grazas aos que vos anotastes nas listas provisionais, conseguimos que nos adxudicasen de forma extraordinaria un grupo novo en cada piscina e máis prazas das que tiñamos o ano pasado (11 prazas máis en Valadares e 30 prazas máis en Travesas).


TRAVESAS
   Finalmente concedéronnos TODAS as prazas que nos solicitastes estes días e aínda sobraron moitas, de modo que os que estades anotados nas listas provisionais NON TEDES QUE VIR facer cola o día 21 de setembro


     Para confirmar a praza debedes pagar o prezo da piscina e a cota de socio antes do día 20 e entregar a ficha de socio na ANPA, se aínda non o fixestes. Recomendamos que fagades ingreso en vez de transferencia, xa que se o día 20 non figura o pago no banco, non vos reservaremos a praza e teredes que facer cola o día 21. Os novos alumnos teñen que entregar tamén a ficha de inscrición.

   As demais familias que, polo motivo que sexa, non contactastes coa ANPA para solicitar praza estes días, poderedes inscribirvos o día 21 de setembro. Dispoñemos de 32 prazas libres repartidas nos seguintes grupos:


           16:00-16:45: Mércores, 5 prazas. Xoves, 3 prazas. Venres, 1 praza.
           16:45-17:30h: Luns, 8 prazas. Martes, 11 prazas, Mércores, 5 prazas.
 
  

VALADARES
   Na piscina de Valadares hai máis interesados que prazas nalgúns grupos, de modo que mantemos a inscrición para o día 21 de setembro. Teredes que facer cola e as prazas serán adxudicadas por orden de chegada, coma sempre. Por suposto, tamén podedes optar ás prazas libres de Travesas.

   A modo informativo tedes a continuación o número de prazas das que dispoñemos e as persoas que quere inscribirse en cada grupo, para que vexades a demanda. Tede en conta que estos datos corresponden unicamente ás familias que contactaron con nós, de modo que o número podería ser maior.

           16:00-16:45: MÉRCORES. 8 prazas, 6 interesados.
                                   VENRES. 9 prazas, 10 interesados.

           16:45-17:30h: LUNS. 4 prazas, 8 interesados.
                                     XOVES. 8 prazas, 2 interesados.

   Cando se cubran as prazas dispoñibles nos dous pavillóns, abriremos a lista de agarda do modo habitual; o responsable da piscina confirmará a partir do día 27 de setembro as prazas extras que nos pode asignar a maiores, igual que ao resto dos centros.

Normas para conseguir praza (para todos os interesados na piscina de Valadares e as personas que non se anotaron nas listas provisionais de Travesas):

- A inscrición farase na Oficina da ANPA o día 21 de setembro a partir das 09:05 da mañá. Non se poderá acceder á oficina ata que entren todos os nenos.
- Cando abra o colexio, poderedes facer cola ao longo do porche, pola parte de fóra (non baixo o cuberto).
- Só se pode coller praza nun turno, e cada pai/nai ou persoa que represente unha familia poderá solicitar praza/s unicamente para os integrantes desa unidade familiar.



- É imprescindible ser socio da ANPA e abonar o prezo da actividade o día da inscrición mediante ingreso (ou traspaso dende contas de ABANCA) á conta xeral da ANPA (IBAN ES69-2080-5073-0330-4001-3704).
*Se facedes transferencia dende outros bancos, teredes que enviar os xustificantes (por email, sms ou captura de pantalla por whatsapp ao teléfono da ANPA), xa que coa fin de semana os pagos poden tardar ata 3 días e precisamos verificar as inscricións ese mesmo día.
- As familias que teñan pendente de pago o prezo da actividade e/ou a cota de socio o luns 24 ás 09:00 am perderán a praza, que pasará á seguinte persoa da lista de agarda.
- Se alguén non obtén praza no grupo que desexa, pasará á lista de agarda e solicitaremos á organización prazas extras para este cadrimestre, ou poderán optar ás prazas que queden vacantes no segundo cadrimestre no día e horario elixidos.
- En xaneiro informaremos do prazo de renovación para os que consigan praza e queiran seguir na actividade o segundo cadrimestre (febreiro-maio). As prazas vacantes ofreceranse por orde aos rapaces que queden na lista de agarda.
PISCINA NEE:

Se alguén precisa prazas para NEE e non contactou aínda coa ANPA, que pase pola oficina.

Un saúdo,