Ola familias:
Achegamos o cadro de actividades extraescolares para o curso 2018/19 coas aulas definitivas nas que se impartirá cada clase.
Aínda é posible matricularse en balonmán, que este ano forma parte do programa de Escolas Deportivas do Concello. Tamén está aberta a matrícula para todas as actividades excepto fútbol sala, pintura, cociña (grupos completos) e natación (prazo finalizado). Se estades interesados, contactade coas voluntarias da ANPA.
ROBÓTICA: durante o mes de novembro será posible probar a actividade sen compromiso de asistencia. Cada neno poderá asistir a 1 clase de forma gratuita. Só tedes que avisarnos con antelación para que o profesor traia os materiais para todos.
Un saúdo,