Este curso debe renovarse o Consello Escolar, o órgano de goberno do centro no que participan todos os sectores da comunidade educativa: pais e nais, profesorado e persoal non docente, xunto con un representante do Concello.
A través dos nosos representantes, os pais e nais temos voz e voto na xestión da escola, xa que a meirande parte das decisións importantes que se toman nun centro educativo deben pasar por este órgano.
Un dos representantes dos pais debe ser designado pola ANPA entre os seus membros; os restantes deben ser elixidos, polo que é importante que presentedes as vosas candidaturas: de non haber candidatos, perderemos voz e voto e o Consello constituirase igualmente cos representantes dos sectores restantes.
No taboleiro de anuncios do centro está publicado o censo e o calendario electoral, que tamén podedes descargar aquí (parte 1) e aquí (parte 2).
É importante ter en conta que os candidatos participarían no Consello Escolar en nome das familias e para defender os intereses de todos. Para tratar ou resolver conflitos persoais, no seu caso, existen outras instancias (titorías, orientador, dirección).
Neste artigo da Federación Provincial de ANPAs da Coruña tedes máis información sobre as funcións e competencias do Consello Escolar.
Neste artigo da Federación Provincial de ANPAs da Coruña tedes máis información sobre as funcións e competencias do Consello Escolar.
Por norma xeral, o Consello Escolar reúnese unha vez por trimestre, normalmente os martes pola tarde (a partir das 18:00h).
Animádevos a participar!
Un saúdo,