O 14 de novembro celebrouse o Día Mundial da Diabetes. Foanpas, Anedia (Asociación de Nenas, Nenos e Xente nova con Diabetes de Galicia) e Arume (a empresa responsable do comedor escolar), coa colaboración da ANPA, do centro e do Concello de Vigo, organizaron actividades para visibilizar e concienciar sobre esta enfermidade. Así, o pasado mércores ilumináronse en azul monumentos vigueses e houbo actividades conmemorativas nos comedores escolares xestionados por Foanpas.
No noso cole, os nenos coñeceron a diabetes a través da obra de teatro "Un caso azul" de Raquel Queizás e da presentación da nosa compañeira Esti, nai de dous nenos que padecen esta doenza e asumen ter que pincharse insulina e controlar a glicosa e as racións de comida, posto que, salvo por estes pequenos xestos, a súa vida non é diferente da dos seus compañeiros.