Achegamos información sobre o obradoiro gratuito de sexoafectividade que organiza Foanpas. Trátase dunha charla dirixida a familias e profesorado na que se abordarán estratexias para conseguir un diálogo afectivo entre familia/docentes e fillos/alumnos que fomente a autoestima e o coidado responsable da saúde física e emocional dos rapaces.
En definitiva, proporciona recursos que nos axudarán a falar cos nosos fillos sobre todo o relacionado coa sexualidade para que teñan relacións responsables e sas.
- Día: luns 3 de decembro de 2018
- Horario: de 17:30 a 19:30h
- Lugar: instalacións do IME (camiño do Chouzo, n.º 2)
- Inscricións: ata o 30 de novembro no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com.