Boas,

Trátase dun concurso de receitas "da avoa" no que poden participar todos os usuarios do comedor escolar, sexan fixos ou esporádicos, xunto cos seus avós.
Escollede unha receita sinxela e fácil de preparar que vos lembre un momento especial ou algunha anécdota. Ademáis, ten que poder cociñarse rápido e soportar ben o desprazamento. Enviádea por correo electrónico ao enderezo que figura nas bases antes do 5 de febreiro.
A receita gañadora será degustada no comedor. Animádevos a participar e moita sorte!
Un saúdo,