PISTA DE XEO DE SAMIL - FIN DE TEMPADA


Pista de xeo en SamilBoas, familias!
  Veñen de confirmarnos que podemos facer grupo para a PISTA DE XEO de Samil... ¡durante a fin de semana! 
  Como seguramente xa sabedes, unha das condicións para grupos é que a visita se faga de luns a venres. Nesta ocasión, e de forma excepcional, permítennos facer grupo polas mañás durante a fin de semana, para despedir a tempada. Así que se non puidestes aproveitar o desconto durante as vacacións de nadal, non deixedes escapar esta oportunidade!

  • Datas26 e 27 de xaneiro de 2019.
  •  Horario: de 12:00 a 13:00am
  • Prezo: socios: 3€/persoa. Non socios: 5€/persoa.
  • Inscricións: ata o 25 de xaneiro (venres) ás 10:00h. 
  • Pago: Excepcionalmente, esta actividade se abonará na oficina da ANPA cando vos anotedes.
Normas e recomendacións:
  • Os menores de 8 anos que non saiban patinar deben ir acompañados obrigatoriamente dun adulto.
  • É obrigatorio levar guantes para acceder á pista e entregar na taquilla as entradas que vos daremos (que só serán válidas no horario indicado o día que escollades)
  • Hai que chegar 15 minutos antes para recoller os patíns. 
  • Recomendamos que levedes mudas para cambiar os nenos ao saír, xa que se poden mollar se caen.
  • Para patinar utilízase un número máis do que calzamos habitualmente. O número máis pequeno dispoñible é o 27, de modo que pode entrar sen problemas calquera neno que calce un 26.
  • A pista alquila pengüíns con rodas (e mesmo osos con asento) para que os nenos que non saben patinar poidan moverse libremente e pasalo mellor aínda.
Un saúdo,