A Liga de Natación Escolar é un evento deportivo gratuito no que poden participar TODOS os alumnos do centro, aínda que non estean matriculados en natación. Para participar basta que saiban nadar, naceran entre 2007 e 2013 e queiran representar ao seu cole.
A competición consta de 3 xornadas que terán lugar na Piscina de Travesas os domingos 24/02, 24/03 e 28/04, en horario de 09:00 a 14:00h.
(EDITADO) Animade a participar os vosos fillos. As xornadas están pensadas máis como evento lúdico que como competición real. De feito, todos os participantes reciben unha medalla e os monitores axudan a chegar á meta os nenos que o precisan. Trátase de que se divirtan facendo deporte.
Hai medios, axudantes e colaboradores para que todos poidan nadar e unha discapacidade no supoña barreiras para ninguén. Agradeceríamos que varios pais e nais que teñan pensado asistir colaboren acompañando aos nenos en calidade de representantes do centro e axuden á nai que se encarga de coordinar esta actividade todos os anos.
Os participantes estarán divididos en dúas categorías mixtas segundo a súa idade. Os dous primeiros domingos haberá probas de 25 metros libres e costas nas que deberán participar todos os nadadores; na derradeira xornada só se fará a proba de estilo libre, seguida dun descanso e da entrega de trofeos para os gañadores e medallas para todos os participantes.A competición consta de 3 xornadas que terán lugar na Piscina de Travesas os domingos 24/02, 24/03 e 28/04, en horario de 09:00 a 14:00h.
(EDITADO) Animade a participar os vosos fillos. As xornadas están pensadas máis como evento lúdico que como competición real. De feito, todos os participantes reciben unha medalla e os monitores axudan a chegar á meta os nenos que o precisan. Trátase de que se divirtan facendo deporte.
Hai medios, axudantes e colaboradores para que todos poidan nadar e unha discapacidade no supoña barreiras para ninguén. Agradeceríamos que varios pais e nais que teñan pensado asistir colaboren acompañando aos nenos en calidade de representantes do centro e axuden á nai que se encarga de coordinar esta actividade todos os anos.
Para inscribirvos tedes que cubrir unha autorización por neno que podedes descargar aquí ou recoller na oficina. A inscripción é para as 3 xornadas, pero se por algún motivo non podedes asistir á primeira, poderedes anotarvos posteriormente para as seguintes. Consultádenos se tedes dúbidas.
Podedes descargar aquí a ficha de inscrición (autorización) e toda a información.
PRAZOS: para facilitar a xestión, agradeceríamosvos que nos avisedes se estades interesados en participar e nos remitades as fichas cubertas (por mail ou á oficina) ata o (EDITADO) xoves 14 de febreiro (prazo para a primeira xornada).
Un saúdo,