Xornada de formación e dinamización para a prevención de condutas aditivas (con e sen sustancia)

nenos adictos ás pantallas
Bos días. 
  Achegamos información sobre un seminario que pode ser particularmente interesante para nós como pais de futuros adolescentes, tal e como veredes no seguinte extracto do programa: "A globalización de Internet e as tecnoloxías, unido aos tradicionais problemas vencellados ao consumo de alcol e sustancias [...], fai que o noso papel sexa cada vez máis complicado. Ao botellón e o cannabis únese a constante aparición de novas sustancias, novos hábitos de consumo e novas prácticas, así como unha morea de conductas de risco na Rede (como as apostas en liña, o consumo intensivo de videoxogos, o sexting e a sextorsión, o contacto con persoas descoñecidas, ou mesmo o ciberbullying [...]".

neno adicto aos xogos de ordenador
Seminario: Xornada de formación e dinamización para a prevención de condutas aditivas (con e sen sustancia) na comunidade
Días: 13 e 14/02/2019 (mércores e xoves).

Horario: 16:30-20:30h.
Duración: 8h.
Lugarauditorio do Concello de Vigo. Praza do Rei s/n
Inscriciónspodedes consultar toda a información da xornada, descargar o programa e cumplimentar o formulario de inscrición aquí (enlace á web do Concello).
Prazo de inscrición: ata o 7 de febreiro.

Un saúdo,
anpa canicouva