Desfile entroido 2019

carnaval canicouva
Boas! 
  Mañá celebramos o entroido no Canicouva, coa comparsa de alumnos, profesorado e pais da Anpa como principal evento do día. Para que todo transcorra da mellor forma posible, queremos lembrarvos varias cousas:

1. Voluntarios desfile: o centro solicitou a colaboración de tres ou catro voluntarios para axudar cando a comparsa atravese a rúa na Avenida de Castrelos á altura de Carlín, tanto na ida como na volta. Deberán ir provistos de chalecos reflectantes, situaranse a ambos lados do paso de peóns e están autorizados a deter temporalmente o tráfico ata que rematen de cruzar os nenos, ainda que o semáforo se poña en vermello. Os voluntarios podedes falar co director a primeira hora se tedes dúbidas.

2. Decoración do recorrido: coma sempre, contamos con vós para colocar globos no recorrido. Os que poidades colaborar, confirmade por tokapp ou mail para organizar os grupos e pasade pola oficina a primeira hora para recoller todo o necesario (e saber a zona que vos corresponde). Graciñas.

3. No colexio: as familias deixaremos pola mañá as cousas para a merenda nas mesas do ximnasio, tal como nos indicou o centro no folleto que mandou o pasado venres (e que podedes consultar aquí). Á volta do desfile, fan falla un par de voluntarios por clase para sacar as mesas e as provisións aos soportais. Cando remate a merenda, as mesas quedarán contra a parede do ximnasio.
  • A comparsa sairá do centro sobre as 10-10:30h. Lembrámosvos que debemos manter limpa a cidade e, por tanto, non debemos tirar confetti nin serpentinas pola rúa. Reservádeos para o colexio, por favor.
  • Está previsto que cheguemos ao centro sobre as 12:00h. Os nenos seguirán o desfile cos seus profesores ata o patio de abaixo e os seus familiares pasarán á zona das gradas.
  • A merenda será das 13:00 ata as 14:00h aproximadamente. Se algún pai precisa levar aos seus fillos antes de que remate o horario escolar, debe avisar ao profesor correspondente. Cos nenos que asistan a comedor procederase do xeito habitual.
Moitas grazas a todos pola vosa colaboración. Un saúdo,