Boas, familias.
O mércores 30 celebrouse no centro o Día escolar da Paz e a non Violencia cun acto no ximnasio. Un representante de cada clase estampou unha man branca sobre unha porta violeta, logo de cantar e escenificar a canción "La puerta violeta" de Rozalén, que tamén cantaron para nós antes de subir ás clases.
Todo o alumnado levaba as pañoletas moradas que elaboramos na Anpa coa axuda de varias nais (grazas!).
Podedes ver as fotos do acto na galería de imaxes do Canicouva, accesible dende a web do centro (sección blogs).
Un saúdo,