Entroido solidario

Boas,  
carnaval solidario gran vía  Unha nai do cole remitiunos información sobre unha iniciativa solidaria que terá lugar o próximo luns 4 de marzo ás 17:30h no Centro Comercial Gran Vía e que compartimos por se fose do voso interese: 
  Trátase dun concurso de disfraces solidario para nenos de entre 2 e 12 anos, que poden participar sós ou con algún familiar. 
  Optarán a premios interesantes e, ao mesmo tempo, colaborarán nunha boa causa, xa que o Centro Comercial fará unha donación por cada inscrición a Down Vigo, Federación Galega de Enfermidades Raras e Autismo Vigo. 
 Ollo, o prazo de inscrición finaliza o día 4 ás 13:00h!
  Podedes consultar aquí as bases legais do concursoPara consultar a información completa, facede clic na imaxe. 
Un saúdo,
anpa canicouva