A través dunha mamá do cole que traballa no Liceo Marítimo de Bouzas soubemos do Proxecto 42x42, unha iniciativa altruista do contacontos Gravata TorLa que unirá contos e deporte.
Con motivo do seu 42 aniversario, o famoso contacontos pretende correr os 42 km da maratón Vig-Bai (7 de abril) e conseguir 42 libros para os nen@s do hospital de día de Bicos de Papel.
E nesta segunda parte é onde entramos nós: nas librarías Hobbit e Andel hai dúas listas de libros distintas (para consultalas, facede clic no nome de cada unha).
- Temos ata finais de marzo para mercar un deses libros, gardalo na casa e escribir nel unha pequena dedicatoria (o noso nome unhas palabras de ánimo), de modo que cada libro levará un anaquiño de nós.
- O venres 05/04/19 pola tarde entregaremos os libros nun acto no Liceo Marítimo de Bouzas (hora pendente de confirmar).
Animámosvos a participar nesta fermosa iniciativa e compartir a publicación para conseguir os 42 libros (ou máis!) que farán voar a imaxinación dos pequenos da planta de oncoloxía...
Un saúdo,