SAÍDA A MANZANEDA - febreiro 2019

Manzaneda - anpa canicouva
CANCELADO por falta de neve (modificado a 18/02/19)
Boas, familias.
   O próximo sábado 23 de febreiro imos á neve. A Anpa organiza soamente a viaxe en bus e cada familia poderá facer o que queira e/ou contratar actividades* pola súa conta ao chegar a Manzaneda. 
*O seguro non cobre a práctica de esquí e/ou outros deportes e actividades que se practiquen na Estación de Manzaneda. Do mesmo xeito, cobre únicamente aos nenos asegurados, non ás súas familias.
   En principio contamos cun bus. Se hai suficiente xente, contrataranse máis. As prazas asignaranse por orde de reserva, de modo que se queredes compartir bus con alguén, teredes que anotarvos xuntos.
   En caso de que haxa previsión de choiva ou non haxa neve, cancelaremos a saída e devolverémosvos o importe abonado.
INSCRICIÓNS: na oficina, por Tokapp ou por email indicando NEVE SÁBADO 23, o número de socios/non socios que queredes ir e os vosos nomes.
PRAZO DE INSCRICIÓN: dende hoxe, luns 11, ata o luns 18 de febreiro ás 10:00am.
FORMA DE PAGO: ingreso ou transferencia á conta xeral da anpa ata o luns 18:
IBAN ES69.2080.5073.0330.4001.3704.

PREZO AUTOBÚS 
  • Socios: 10€/persoa (unidade familiar: pais, nais e fillos). 
  • Non socios: 13€/persoa.
HORARIOS: o horario de apertura oficial da Estación é de 10:00 a 17:30h.
  • Saída de Vigo: 08:30h – chegada estimada ás 11:30h. 
  • Saída de Manzaneda: 17:30h – chegada a Vigo ás 20:30h aprox. 
  IDA: Hai que estar na parada do colexio sobre as 08:15h para cargar os bultos e coller asento. Por favor, sede puntuais. O bus ten que saír ás 08:30h e non agardará por ninguén.
  VOLTA: hai que estar no punto de encontro sobre as 17:15h para poder saír ás 17:30h sen falta. Tede en conta que precisaredes tempo para cambiar de roupa en caso necesario, chegar ata o bus e cargar a equipaxe.

SERVIZOS: non hai sitio cuberto para comer. Os que levedes a comida tedes que comela ao aire libre. Tamén hai cafeterías con comida rápida e restaurante con menú do día.

  Recomendámosvos levar tres capas de roupa: camiseta térmica transpirable, un polar ou similar que dé calor e unha chaqueta ou cazadora impermeable e aislante. Por suposto, gorro e guantes, protector solar, roupa de recambio e, se queredes, algo para xogar e deslizarse pola neve. 

NOTA IMPORTANTE: se vos interesa a viaxe pero traballades os sábados, contactade igualmente con nós polos mesmos medios, indicando DOMINGO e o número de socios/non socios que irían para poder valoralo. Non vos compromete a nada e a nós axúdanos a planificar próximas excursións.

Un saúdo,

anpa canicouva