Boas, familias.
Esta mañá enviámosvos unha comunicación por tokapp con varios asuntos que reproducimos nesta e nas seguintes entradas. Se non a recibistes, revisade os axustes da aplicación ou pasade pola oficina.

Desfile de entroido
Está previsto para o venres 1 de marzo pola mañá. O centro confirmará a data exacta; se chove, adiantarase na mesma semana.
Dende aquí convidámosvos a participar no desfile, sexades socios ou non, disfrazándovos coa comparsa da ANPA. Pais, irmáns, avós... só tedes que avisarnos nos próximos días. Como sabedes, a temática deste ano é "Coñece o teu entorno", polo que a nosa idea tamén está relacionada coa nosa cidade. É sinxela, apenas leva elaboración e o gasto por disfrace é mínimo.
Organizarémonos mediante un grupo de Whatsapp que se borrará cando remate o entroido. Animádevos!

Lembrámosvos tamén que fan falla voluntarios para decorar con globos o recorrido do desfile a primeira hora (o material proporcionarao a Anpa).
Adianto campamento de entroido
Ofreceremos campamento para os tres días non lectivos (4, 5 e 6 de marzo). Nos próximos días enviarémosvos unha comunicación coa información completa e subiremos ao blog a documentación correspondente.
Un saúdo,