Charla gratuita Educación Viaria - Policía Local

educación vial foanpas
Boas, familias:
   Achegamos información sobre unha nova actividade gratuita que organiza Foanpas para nais e pais dos centros de ensino público. 
  Trátase da charla "A maduración infantil e a seguridade viaria: o papel dos adultos", que imparte a vindeira semana a Policía Local de Vigo e na que se ofrecerá información práctica sobre educación viaria:
  • Do nacemento aos 4 anos: as primeiras aprendizaxes
  • Dos 4 aos 12 anos: crecemento como peón e autonomía. 
  • Dos 12 aos 16 anos: implicacións da maduración na seguridade viaria.
As familias temos que actualizarnos: a prevención e a precaución salvan vidas. 
  • Día: xoves 14 de marzo de 2019
  • Horario: de 17:30 a 19:30h
  • Lugar: CEIP Emilia Pardo Bazán (Cmño. do Chouzo 7) 
  • Inscriciónsata o 13 de marzo no 986298812 ou en foanpas@foanpas.com

anpa canicouvaUn saúdo,