Achegámosvos información sobre unha charla sobre as novas tecnoloxías, tan útiles na vida cotiá, académica, laboral... pero non exentas de riscos para as persoas que caen vítimas do seu mal uso ou das malas intencións doutras persoas.
Cada vez os nenos introdúcense en internet e redes sociais a idades máis temperás e teñen acceso a máis información que nunca, e ás veces as familias non temos suficiente información para abordar a problemática que isto supón. A Policía da Unidade de Riscos Informáticos imparte unha charla que, sen dúbida, será moi interesante para nós.