Boas, familias.
O domingo pola mañá, coincidindo coa II Xornada da Liga de Natación, celebrouse en Santo André de Comesaña o XXX CROSS ESCOLAR do CEIP PÁRROCO DON CAMILO.
As carreiras, nas que participaron cerca de trescentos rapaces de Vigo e dos municipios veciños, comezaron ás 10:30h e finalizaron coa entrega de premios aos gañadores e un gran sorteo entre todos os participantes.
O noso cole trouxo de volta 5 trofeos: catro deles corresponden aos podios que acadaron Leire, Ángel, Rober e Daniela nas súas respectivas categorías, mentres que o quinto premio foi o recoñecemento da organización do Cross ao CEIP Canicouva, que destacou nesta edición por ser o centro escolar co maior número de participantes neste evento:
O galardón está composto dun trofeo, un diploma acreditativo e dez vales para a boleira de Samil (Bowling Vigo) que sortearemos os próximos días entre todos os participantes.
Dende aquí queremos agradecer á ANPA Párroco Don Camilo a magnífica organización do Cross e o precioso detalle que tiveron co noso colexio. Para o ano repetiremos seguro!
Un saúdo,

- Xián, na categoría SUB12 masculino;
- David, Juan e Unay en SUB10 masculino
- Alba, Alicia, Ana, Elba, Gabriela e Leire en SUB10 feminino
- Ángel, Alex y Eric, Asier e Izan en SUB8;
- Mateo en "Pitufos 2014" (SUB6)
- Daniela en "Pitufos 2015" feminino (SUB4) e
- Kimi e Rober en "Pitufos 2015" masculino (SUB4).