Boas, familias.
Está aberto o prazo de inscrición do curso de defensa persoal do Concello, que proporcionará ás asistentes habilidades básicas para mellorar a súa seguridade e previr ou saír con máis garantías de imprevistos violentos.
Está aberto o prazo de inscrición do curso de defensa persoal do Concello, que proporcionará ás asistentes habilidades básicas para mellorar a súa seguridade e previr ou saír con máis garantías de imprevistos violentos.
As alumnas aprenderán a estar alerta ante tentativas de agresión, identificar situacións de risco e practicarán técnicas de defensa que lles permitirán mellorar a súa capacidade de reacción.
O primeiro día haberá unha sesión introdutoria sobre os aspectos psicolóxicos na autoprotección; as seguintes sesións serán impartidas por instrutores da Policía Local.Formación: Obradoiro de Autoprotección para mulleres
Organiza: Concellería de Igualdade
Datas e horario: martes 26/03/19 (sesión introdutoria) de 16:30 a 19:30h; días 1, 2, 4, 5, 8, 9, 11 e 12 de abril de 16:00 a 18:00 h (luns, martes, xoves e venres)
Duración: 9 sesións (19 horas)
Lugar: Casa das Mulleres e instalacións da Policía Local. Concello de Vigo
Inscricións: dende o luns 11 de marzo e ata cubrir prazas. Hai que enviar a folla de inscrición (editable) cuberta e asinada a ofi.muller@vigo.org (ou entregala de 9:00 a 13:30h na Concellería de Igualdade).
Non é necesario ter condicións físicas determinadas nin coñecementos previos sobre ningún tipo de arte marcial.
Máis información en www.igualdadevigo.org.