Descobre os fondos mariños da Ría de Vigo (actualización)


recorrido ocean secrets
Boas, familias.
  Como vos comunicamos o venres pola tarde por Tokapp, están confirmadas as viaxes do sábado 6 pola tarde e do domingo 7 pola mañá.
  En vista da boa acollida que está tendo esta actividade, habilitamos unha terceira saída para o domingo 7 ás 17:00h, na que tamén se superou o número mínimo de inscritos.

  As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición, tendo en conta a hora que figura a carón da vosa resposta. A día de hoxe (sábado 30), están como segue:
  • Sábado 06/04/19: 17:00h - completo. Teñen garantida a praza todos os que se inscribiron ata o venres ás 17:15pm*.
  • Domingo 07/04/19: 12:00h - completo. Teñen praza as reservas realizadas ata o venres ás 13:00h*.

*Iso implica que as solicitudes enviadas máis tarde están en lista de agarda.
  • Domingo 07/04/19: 17:00h - últimas prazas dispoñibles. Xa teñen a praza confirmada todas as reservas realizadas ata o sábado 30 ás 10:20h. Os socios que estean interesados poden anotarse por tokapp; os non socios podedes remitirnos un correo electrónico. En ambos casos confirmaremos as solicitudes o luns en horario de oficina.
Un saúdo,
anpa canicouva