Descobre os fondos mariños da Ría de Vigo


visita fondos mariños ría vigo Canicouva
Boas, familias.
   Propoñémosvos unha actividade diferente para realizar en familia a fin de semana do 6 e 7 de abril. APRAZADO (NOVAS DATAS: 27 e 28 de abril)
  Trátase dunha visita na que poderemos coñecer os fondos mariños da Ría de Vigo a bordo do Nautilus, un buque para 56 pasaxeiros preparado específicamente para a interpretación subacuática, arqueolóxica e medioambiental. 
  O Nautilus conta, entre outros equipamentos tecnolóxicos, cun dron submariño que transmite imaxes en directo en 4k e unha sonda que cartografía os fondos mariños en 3D a tempo real, ademáis dunha pantalla xigante 4k e sistema de son envolvente que completa as explicacións da tripulación.
VÍDEO PROMOCIONAL DO PROXECTO (viaxes pola Ría de Vigo, Cíes e San Simón).

DATAS e HORARIOS*
  • Sábado 06/04/19: 17:00h
  • Domingo 07/04/19: 12:00h.  
*NOTA: a visita do sábado está incluída nunha liña regular (aberta ao público); o domingo farían a visita para nós se temos un mínimo de 20 interesados. CONFIRMADO O GRUPO DO DOMINGO [actualización do 28/03/19 ás 22:00h]
CONFIRMADO O GRUPO DO SÁBADO [actualización do 29/03/19 ás 11:36h]
O número de billetes en cada viaxe está suxeito a dispoñibilidade.

DURACIÓN: 1:30h

PREZO (para un grupo mínimo de 20 persoas)
  • Socios: 9€/persoa
  • Non socios: 12€/persoa
  • Bebés de menos dun ano non pagan nin ocupan asento.
NOTA: as tarifas para grupos escolares non son acumulables a outras promocións ou descontos para nenos. O prezo habitual ao público sen promocións especiais é de 20€/persoa.

INSCRICIÓNS: na oficina ou por Tokapp, respondendo á comunicación que vos enviamos o xoves. Indicade o código BARCO coa DATA, o número de socios / non socios e os seus nomes. Os non socios de fóra do centro poderán inscribirse por email (ampapereiro@hotmail.com).

PRAZO DE INSCRICIÓN
  • Para a visita do sábado 6: ata que se esgoten as prazas.
  • Para a visita do domingo 7: ata o 4 de abril (xoves) ou ata fin de prazas.
FORMA DE PAGO: ingreso ou transferencia á conta xeral da ANPA:
IBAN ES69.2080.5073.0330.4001.3704

BILLETES: adxudicaránse por orde de inscrición ata que se esgoten as prazas. Poderedes recollelos na oficina a partir do luns

SAÍDA: dende a dársena central do Real Club Náutico de Vigo. É preciso chegar 15 minutos antes da saída e entregar o billete para poder acceder ao barco.

Podedes acceder á información completa da visita premendo aquí.


NOTA: non vos vai ben a data? Poñédevos en contacto coa oficina e estudaremos outras datas e horarios. 
Un saúdo,
anpa canicouva