Boas, familias.
Comezan as vacacións e finaliza o entroido no CEIP Canicouva. Dende aquí queremos agradecer a vosa colaboración neste día tan especial para o alumnado.

Na mesma liña, a Dirección do centro quere darvos tamén as grazas e salientar a gran participación dos pais e nais do cole na organización desta xornada de convivencia, tanto no transcurso do desfile coma na merendola:
Este ano destacou especialmente pola actitude cívica e respetuosa de todos os participantes, a enorme cantidade de persoas que formaron parte dalgún modo no desfile (ben na decoración ou ben integrados na comparsa cos rapaces ou coa Anpa) e, sobre todo, pola estupenda coordinación de todas as familias na montaxe e na recollida das mesas, conseguindo que a xornada fora un éxito e todo quedara ordenado e limpo antes de que soase o timbre.
Igual que nos últimos anos, a Anpa puxo o punto musical coa charanga Vaite Xa, que amenizou o desfile e a festa no colexio. Deixámosvos aquí un pequeno vídeo con varios momentos da xornada. Como poderedes comprobar, o meco non conseguiu o indulto, así que teremos que agardar polo Dinoseto que o Alcalde nos prometeu durante a inauguración das obras do patio cuberto.

Boas vacacións a todos. Un saúdo,