Boas, familias.
Hoxe traémosvos un concurso creativo e orixinal dirixido a alumnos de infantil e primaria (ata 12 anos) con motivo da celebración do Día da Nai.
Esta iniciativa pretende despertar nos rapaces a curiosidade polo mundo do deseño e impulsar a expresión artística dende ben pequenos, ademais de visibilizar unha profesión de gran tradición na nosa comunidade.
É un certame organizado pola Federación Galega de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros en colaboración co COXGA (Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia) no que os que os participantes deben deseñar unha xoia inspirándose na figura materna.
Os 12 deseños premiados de cada categoría faranse realidade por xoieiros profesionais e serán entregados aos seus autores antes do día da Nai. Ademais, os 80 finalistas (20 por categoría) recibirán un diploma acreditativo.
Os interesados podedes pasar pola anpa a recoller o díptico de participación a partir do martes 12 ou descargalo da web da Federación Galega. Teredes que entregalo na oficina debidamente cuberto e co debuxo antes do mércores 27 de marzo (actualizado a 8/9/19). Na Anpa encargarémonos de facer chegar as fichas ao establecemento colaborador do COXGA.
Aquí podedes ver un vídeo no que se explica todo o proceso do certame (dende o modo no que outros centros enfocan o concurso, pasando polo proceso de selección ata a elaboración dos deseños gañadores e a entrega de premios). Aquí podedes consultar os 80 deseños finalistas de 2018 e aquí, os deseños gañadores e as xoias realizadas na pasada edición.
Un saúdo,