Alumna de 2º primaria sube ao podio na Copa Acroastur

alumna Canicouva Club Flic Flac
Boas, familias.
  A ximnasia acrobática segue a darnos alegrías. Nesta ocasión temos que felicitar a unha das ximnastas máis pequenas do cole, Gabriela Alonso Veiga, que conseguiu un merecidísimo bronce na III Copa Acroastur, celebrada esta fin de semana en Xixón. 

Acroastur 2019 Canicouva Club Flic Flac  Gabri, que estuda 2º de primaria no Canicouva e adestra co Club Flic Flaccompetía por primeira vez a nivel nacional na categoría Benxamín (modalidade parella feminina) coa súa compañeira de equipo Sara Vicente. Sete anos, primeira competición e primeiro podio. Augurámoslle un gran futuro! 
  Parabéns ás dúas. Seguide así!
Un saúdo,
anpa canicouva