Boas, familias.
Por mor das malas condicións meteorolóxicas previstas para a fin de semana, as tres visitas dos días 6 e 7 de abril aprázanse ao 27 e 28 de abril, despois da Semana Santa. Esa fin de semana poderemos realizar tamén a viaxe o sábado pola mañá, de xeito que haberá 4 saídas:
- Sábado 27 ás 12:00h (nova)
- Sábado 27 ás 17:00h
- Domingo 28 ás 12:00h
- Domingo 28 ás 17:00h
Por motivos de xestión, tentaremos manter os mesmos grupos e buscaremos alternativas para os casos nos que non sexa posible.
Agradeceríamosvos que confirmedes a vosa dispoñibilidade para as novas datas durante a vindeira semana, ata o venres 12 se fose posible, preferiblemente por Tokapp. Entregarémosvos os novos billetes á volta de Semana Santa.